¿QUÉN SOMOS?

AFEMEDIA

AFEMEDIA, Asociación de Ferrolterra de Mediación é unha asociación sen ánimo de lucro, nacida en Ferrol, en marzo do 2.017, froito da colaboración dun grupo de profesionais especialistas en mediación, con intereses e obxectivos comúns. 

AFEMEDIA créase coa pretensión de desenvolver e divulgar a mediación no ámbito da Comunidade Autónoma Galega, formando un equipo de mediadores/ as para compartir experiencias, inquietudes e sobre todo coñecementos.

O NOSO LOGO

O noso  logo simboliza a choiva de ideas, do inglés  brainstorming, coñecida tamén como tormenta de ideas, técnica de creatividade que foi descrita polo publicista  Osborn nos anos 50 do pasado século.

Para Roger Fisher, a tormenta de ideas permite “cultivar os beneficios do pensamento creativo de todos e aproveitar as distintas perspectivas, sen correr o risco do impacto  acumulativo de visións negativas ou escépticas.”

No ámbito da mediación, a técnica do a choiva de ideas consiste en facilitar un espazo creativo, para que as partes poidan achegar de maneira simultánea o maior número posible de ideas sobre a resolución dun ou varios asuntos que se expuxeron no proceso de mediación.

Ensina aos participantes a non emitir xuízos ata que se xerou un máximo de ideas, e a escoitar positivamente as propostas dos demais, evitando os comentarios negativos que poden frustrar o proceso creativo.

OS NOSOS OBXECTIVOS

Fomentar, promocionar e divulgar a mediación en todos ámbitos, protexendo e defendendo a mediación como actividade profesional.

A formación práctica e continua en mediación.

Prestar servizos de mediación. AFEMEDIA ofrece unha ampla variedade de servizos de mediación para satisfacer as necesidades do cidadán, axudándolle a atopar o mediador idóneo para o seu caso.

Colaborar cos Colexios Profesionais de ámbitos afíns e con outras entidades representativas de intereses cidadáns directamente vinculadas ao exercicio da mediación.

Desenvolver labores de mediación en situacións de conflito, levando a cabo coa Administración Pública Convenios de Colaboración ou Concertos económicos, destinando os rendementos ao cumprimento daquelas.

XUNTA DIRECTIVA

 

Adela Fernández Luaces. Avogada. Col. 1089 do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Rexistrada no rexistro de mediadores do Ministerio de Xustiza e rexistro de mediadores da Xunta de Galicia.

Juana Mª Cardoso  Couce.  Avogada. Col. 303 do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Rexistrada no rexistro de mediadores do Ministerio de Xustiza e rexistro de mediadores da Xunta de Galicia.

Amelia Carneiro Rey.   Avogada. Col. 417 do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Rexistrada no rexistro de mediadores do Ministerio de Xustiza e rexistro de mediadores da Xunta de Galicia.

Angeles Díaz Castro.   Avogada. Col. 384 do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Rexistrada no rexistro de mediadores do Ministerio de Xustiza e rexistro de mediadores da Xunta de Galicia.

Ana Dopico Fraga.  Avogada. Col. 317 do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Rexistrada no rexistro de mediadores do Ministerio de Xustiza e rexistro de mediadores da Xunta de Galicia.

Julio Barros Casal.  Avogado. Col. 273 do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Inscrito no rexistro de mediadores do Ministerio de Xustiza e rexistro de mediadores da Xunta de Galicia